V. Martín González
Martín González é luthier especializado na construción e posta a punto de instrumentos de corda frotada: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. A súa formación comezou en 2015 na prestixiosa Scuola Internazionale di Liuteria Antonio Stradivari, en Cremona, onde accedeu directamente ao terceiro ano tras superar o exame de acceso.

Alí formouse no Método Stradivariano, perfeccionando a técnica de construción tradicional sen o uso de maquinaria, seguindo o legado do lendario Antonio Stradivari. Durante os seus últimos anos de formación, centrouse no axuste acústico e na análise estrutural de instrumentos históricos, colaborando co Museo do Violín na documentación, medición e estudo de importantes instrumentos coma os de Antoniazzi ou Sgarabotto. Tras rematar os seus estudos, permaneceu en Cremona dous anos máis, traballando con algúns dos luthiers máis recoñecidos da cidade, cos que mantén unha estreita relación profesional.
Actualmente o seu obradoiro atópase na localidade de Vilaboa (Pontevedra), onde fusiona ese coñecemento coa identidade sonora galega para ofrecer instrumentos cunha personalidade única, onde tradición, carácter e sensibilidade se unen en cada peza.



