Fins de LABRA
A existencia desta asociación ten como fins:
- A creación dunha rede viva entre todas aquelas persoas que se dedican profesionalmente á construción, reparación e restauración de instrumentos musicais e outras persoas afins á Asociación.
- Compartir coñecementos, recursos e experiencia entre os diferentes membros da asociación. Promoción da formación individual e colectiva.
- Promover o desenvolvemento sostible, a conciencia ecolóxica e o crecemento económico dunha maneira éticamente responsable.
- Concienciar e educar aos clientes sobre o valor da profesión que esta asociación representa.
- Ser un punto de referencia para calquera persoa ou institución interesada na construción de instrumentos musicais.
- A promoción e regulación laboral da profesionalidade do sector.
- Informar a calquera organismo, asociación ou colectivo que precise dos servizos de construcción, reparación, ou restauración de instrumentos musicais das vantaxes que ten contar cun profesional que preste estes servizos de forma regular dende o punto de vista fiscal e laboral.
- Organización eventos, establecemento dunha presencia en internet e noutros medios, apoio doutros proxectos afins.
- A interlocución coas Administracións para as demandas e necesidades do sector.
- Asesoramento laboral, fiscal e técnico para os membros.
- Promover e fomentar a igualdade de xénero no sector.
- Engadir valor á cadea produtiva da industria forestal e da madeira galega.
- Engadir valor á industria cultural galega.
