Asóciate!

-EN CONSTRUCIÓN-

Tipos de membros e requisitos

  1. Socios e socias
  2. Socios e socias de honra
  3. Persoas e entidades colaboradoras
  1. Poderán ser socios/as da Asociación todas aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación. 
  2. Para ser socio/a será requisito imprescindible dedicarse profesionalmente á construción, reparación e restauración de instrumentos musicais.
    O prestador/a desta actividade, polo exercicio da mesma, deberá estar afiliado/a no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), Réxime Xeral da Seguridade Social ou calquera outro Réxime de Previsión Social ou Mutualidade, así como estar de alta no epígrafe de IAE correspondente, se procede. Esta situación xustificarase anualmente cos recibos bancarios de pago da cota de autónomos, contrato laboral, vida laboral e alta na Seguridade Social da actividade que esta Asociación representa.
    Dende a asociación non se entra a valorar titulacións nin outras cuestións persoais, senón que o punto de partida é a legalidade fiscal e laboral da actividade dos asociados/as. 
  3. O domicilio fiscal das persoas asociadas deberá estar na Comunidade Autónoma Galega.
  4. As persoas físicas deben ser maiores de idade con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito. 
  5. As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor. 
  6. A solicitude para ser socio ou socia deberá ser revisada pola Xunta Directiva e aceptada por maioría simple. 
  7. Poderá ser colaborador/a calquer persoa ou entidade que queira apoiar á Asociación, a súa filosofía e os seus obxectivos. 
  8. A condición de socio/a de honra será proposta e concedida pola Xunta Directiva por votación unánime.

Perda da condición de persoa asociada 

  1. A condición de asociado ou asociada pérdese:
    1. Por vontade propia, que se fará efectiva mediante presentación de renuncia por escrito ante a Xunta Directiva e dirixida á secretaría da asociación. A renuncia terá efectos desde a data da súa presentación. 
    2. Por falta de pagamento de dúas cotas de asociado, que será efectiva desde a notificación do acordo adoptado pola Xunta Directiva ao interesado. A persoa que perdese a súa condición de asociada por este suposto poderá ser rehabilitada se no prazo de seis meses desde a notificación abona as cotas pendentes de pago. 
    3. Por incumprimento dos presentes estatutos ou dos acordos validamente adoptados polos órganos da asociación, así como pola realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación.
    4. Por estar de baixa no RETA ou no réxime xeral da Seguridade Social durante mais de catro meses ao ano. O/a socio/a comprométese a comunicar esta situación á Xunta Directiva e pasaría a ser colaborador/a. Levarase a cabo una verificación anual que acredite a continuidade como socio/a. 
    5. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  2. A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b), c) e d) do parágrafo anterior será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.