3º Encontro – 2026


O 3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais tivo lugar os días os días 11 e 12 de abril de 2026 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo.
Hai unha estreita vinculación entre os e as luthieres de Galicia e a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo , xa que unha gran cantidade das/os asociadas/os pasaron polos obradoiros desta institución na súa etapa de formación.
Tras dúas convocatorias en Santiago, decidiuse facer o Encontro itinerante, organizandoo cada ano nunha localidade diferente, respondendo tamén ao obxectivo de LABRA de promocionar o traballo dos luthieres profesionais en Galicia.
O Encontro foi tamén unha das actividades rexistradas nos Días Europeos da Artesanía.
Coma nas anteriores edicións, haberá unha mostra de instrumentos construidos polas/os asociadas/os, faladoiros, micros abertos e música!
Tedes dispoñible a continuación o programa completo, así como nas nosas redes sociais.
PROGRAMA
SÁBADO 11 DE ABRIL
11:00 / Apertura da mostra.
11:15 – 12.15 / Micro aberto: Oli Xiraldez: “A gaita de Barquín”.
12:30 – 14:00 / Faladoiro: “Dalle á manivela! Introducción a música mecánica”, por Germán Díaz.
14:00/ Peche da mostra.
16:30 / Apertura da mostra.
16:45 – 17:30 / Faladoiro: “A Escola de Luthería de Bilbao (BELE)”, con Ander Arroitajauregi (luthier e profesor de BELE).
17:45 – 18:45 / Mesa redonda: “As escolas de construcción de instrumentos en Galicia: presente e futuro”.
Participantes: Alejo Marra (Escola da Deputación de Ourense), Xaime Rivas e Carlos Corral (Escola de Artes e Oficios de Vigo), Ander Arroitajauregi (Escuela de Luthería de Bilbao BELE) e José Catoira (Cambridge Violin Makers).
Modera: Marga Tojo
19:00 – 20:00 / Faladoiro: Presentación do libro Herminio de Villaverde. A trompa na Fonsagrada, un traballo sobre o birimbau en Galicia, co autor Javier María López e o editor Ramón Almuinha (aCentral Folque).
20:30 – 21:00 / Ao vivo: Os Canallas: “Música das Rías Baixas”.
21:00 / Peche da Mostra.
DOMINGO 12 DE ABRIL
11:00 / Apertura da mostra.
11:30 – 12:00 / Micro aberto: Pablo Sánchez: “Restauración da mandolina REX da Fundación Vicente Risco”.
12:30 – 14:00 / Faladoiro: “Da Universidade Popular á ETRAD: Historia dun proxecto que fixo escola”, por Anxo Pintos.Tras o faladoiro o grupo PARBÖ tocará unhas pezas.
14:00/ Peche da Mostra.
16:30 / Apertura da mostra.
17:00 – 18:00 / Faladoiro: “Restauración dun violín do Fondo Gaos do Concello da Coruña: técnicas tradicionais e técnicas contemporáneas aplicadas á restauración de instrumentos”, por Anxo Cabreira e Lena zum Egen
18.15 – 18.45 / Micro aberto: O Reberete: “A evolución da tradición nos instrumentos tradicionais”.
19:00 – 19:30 / Micro aberto: Ricardo Ramos: “El cuatro puertorriqueño: voz del alma boricua y su evolución sonora”.
19:30 / Peche da Mostra
Listado de expositores no 3º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais:
Alberto Pires – Gaitas galegas
Francisco Luengo – Corda antiga
Jaime Rebollo – Zanfonas e outros instrumentos de corda
José Catoira – Corda fretada
Lorena Reinaldo – Corda pulsada
Marcos Domato – Guitarras clásicas
Martín González – Corda fretada
Morenita Percusión – Percusión tradicional
Oli Xiráldez – Gaitas e frautas galegas
Pablo Sánchez – Guitarras, mandolinas e outros instrumentos de corda pulsada
Ricardo Ramos – Corda pulsada
Suso Gestal – Vento
Tony Esparís – Vento metal
Xaneco Tubío – Corda e percusión tradicionais
Xosé Maceda – Percusión
Carlos da Silva – Vento e percusión
Iago Salgado – Percusión e corda tradicionais
Caroline Lacombe – Mandolinas, bouzoukis e baixos acústicos
Todos os nosos agradecementos aos nosos patrocinadores:












