Dereitos e obrigas

Dereitos e obrigas das persoas asociadas segundo os Estatutos de LABRA:

Dereitos

  1. 1. Os/as socios/as teñen os seguintes dereitos:
    1. Participar nas actividades da asociación.
    2. Ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos de goberno. 
    3. Participar nas asembleas con voz.
    4. Participar nas asembleas con voto. 
    5. Recibir información da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. 
    6. Acceder á documentación da asociación a través dos órganos de representación. 
    7. Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  2. Non poderán exercer o dereito de sufraxio activo e pasivo as persoas asociadas que non estean ao día no pagamento das cotas sociais. 
  3. As/os socias/os de honra e as persoas e entidades colaboradoras terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuran nos apartados b), d), e), f) do artigo 9.1. Non terán dereito a asistir a actividades mercantiles para as que sexa necesario cumprir os requisitos do artigo 7.

Obrigas 

Son obrigas das persoas asociadas: 

  1. Cumprir os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación. 
  2. Pagar as cotas que de conformidade cos estatutos se establezan. 
  3. Desempeñar as obrigas inherentes aos cargos para os que foron elixidas.
  4. Presentar a documentación necesaria que requira a Asociación para a participación nas actividades que esta organice. 
  5. Presentar ao final do ano natural polo menos 8 recibos bancarios do pago da cota de autónomos ou contrato laboral no caso que corresponda, e a alta na Seguridade Social da actividade que esta Asociación representa.