Pablo Sánchez Otero
Nado na Coruña, é guitarreiro, adícase á construción de guitarras, mandolinas e outros instrumentos de corda pulsada.

Comezou facendo unha guitarra con Jean P. Sardin, guitarreiro francés afincado en Barcelona, e comezou no ano 2009 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo seguindo as ensinanzas de Ramón R. Casal, quen lle animou a enrolarse no ano 2011 na Newark School of Guitar Making (Reino Unido). Fixo cursos de especialización en construción de vihuela e guitarra con José Luis Romanillos, Jaume Bosser, Joan Pellisa, Liam Romanillos e Stephen Rees, asemade estudiou profundamente a colección de instrumentos de José Luis Romanillos. No ano 2013 estudiou restauración de instrumentos musicais na escola ILSA (International Lutherie School Antwerpen) de Amberes (Bélxica) con Ken Van Hoeylandt e Els Jageneau. Dende 2014 ata 2019, ademáis de ter o seu propio obradoiro en Amberes, foi profesor de construción de guitarras na escola ILSA en Amberes.
No ano 2019 voltou a Galicia e establecín o meu obradoiro na Coruña, onde deseña, fabrica, repara e restaura instrumentos musicais profesionais a nivel nacional e internacional (Europa, América e Asia).
No ano 2020 estableceu o seu obradoiro na Coruña, onde ten tres liñas claras de traballo: a construción de instrumentos (xa sexan por encargo e a medida, ou creacións propias); a restauración de instrumentos antigos; e o mantemento, reparación e posta a punto de instrumentos de corda pulsada (todo tipo de guitarras, mandolinas, bouzoukis, etc).
Forma parte da Asociación de Guitarreiros Europeos (EGB – European Guitar Builders), de LuCE (Luthieres Contemporáneos de España) e de FEGIP (Federación Española de Guitarra e Instrumentos de Plectro).
Participou en numerosas feiras e exposicións de instrumentos en España (Encontro de LABRA, Mostra de Instrumentos de Pardiñas, Festival de guitarra de Badalona, BIME), Bélxica (Cordefactum), Alemaña (Holy Grail Guitar Show), Italia (Volterra Project, Cremona), Reino Unido (Southwell Folk Festival, Greenwich Guitar Festival, London International Guitar Show), Francia (Guitares au Beffroi). En abril de 2025 participou e colaborou na organización da exposición sobre a construción de guitarra española ‘Encordadas’ que se levou a cabo na Embaixada de España en Tóquio (Xapón).




