Marcos Domato
Marcos é luthier guitarreiro. Dende o 2015 adícase á construción de guitarras clásicas no seu obradoiro de Vigo.

Formouse como luthier na Escola de Artes e Oficios desta mesma cidade co mestre Ramón Casal co que aprendeu a traballar na fabricación dun instrumento acústico. Tamén se formou en Madrid cos guitarreiros Javier Castaño e José Salinas, que lle axudaron a especializarse na construción da guitarra clásica.
Asimesmo máis adiante formouse en técnicas de vernizado e en acústica. Dous elementos chave para a construción dun instrumento musical.
Ven dunha familia na que sempre houbo artesáns coma carpinteiros e ferreiros, herdando non só algunhas ferramentas senón tamén a paixón polo traballo artesán.
Sempre trata de buscar a mellor arquitectura na guitarra clásica, empregando madeira de gran calidade coas mellores propiedades acústicas e estéticas, de cultivo sostible e responsable. Incidindo cada vez máis no uso de materiais de proximidade.
Tódalas súas guitarras están feitas a man no seu taller, onde pode desenvolver uns instrumentos artesáns cunha gran resposta acústica e un tacto o máis cómodo posible que conviden a ser tocados e inspiren para facer música.




