Lorena Reinaldo Lusquiños
Todo comenza no ano 1998 cando Lorena decide matricularse no Conservatorio de Música Tradicional da Universide Popular de Vigo, actual E-Trad. Alí cursa estudos de arpa céltica xunto a Rodrigo Romaní ao mesmo tempo que se matrícula no Obradoiro de Luthería Antiga da mesma escola, facendo así a súa propia arpa.

Ao longo destes anos a súa formación autodidacta e o seu traballo de investigación non se limitaron soamente à creación de arpas, senón tamén doutros instrumentos de corda coma bouzoukis, guitarras, mandolinas, ukeleles…
Os seus instrumentos caracterízanse pola súa lixeireza e sonoridade así coma polas liñas puras dos seus deseños. A beleza está madeira…



