José Catoira

Nado na Coruña, iniciou o seu período formativo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no ano 1999.

No ano 2001, seguindo o consello de quen para el foi sempre unha referencia, o guitarreiro José Álvarez López, múdase a Londres, onde xa se centra definitivamente na construción de violinos, violas e violonchelos con Christopher Thorp, na London Metropolitan University.

Continúa o seus estudos na recoñecida Newark School of Violin Making, graduándose con “Diploma Upper Merit”.

A súa experiencia profesional levouno a traballar nos talleres de Juliet Barker e Marc Soubeyran (Reino Unido), Fred Oster e Potters Violins (EEUU), Germán Arias e Gonzalo Bayolo, estes dous últimos en Galicia.

Participa regularmente nos encontros para luthieres profesionais organizados pola Violin Society of America en Oberlin (Ohio) e no encontro de Brandenburgo (Alemania) o que lle permite mantenerse ao día nas tendencias estéticas de construción e os avances no estudo da acústica.

Actualmente divide o seu tempo entre Galicia e Cremona (Italia), onde constrúe instrumentos inspirados no estudo da escola clásica italiana dos séculos XVII e XVIII e restaura instrumentos antigos.