Francisco Luengo
Nado na Coruña, comezou a aprender a viola da gamba con José Vázquez en 1981, ingresando na Höchschule für Musik de Viena en 1988.

Desde a súa creación, dirixiu Capela Compostelana, un grupo dedicado á recuperación e difusión da música barroca e renacentista. Nesta área Capela Compostelana publicou dous discos compactos, José de Vaquedano ed. Edigal e Villancicos a Santiago ed. Fonti Musicali) dedicados integramente á obra de José de Vaquedano (1642-1711), un dos principais compositores españois do século XVII, que foi “Mestre da Capela” da catedral de Santiago de Compostela.
No 2000 fundou e dirixe o grupo Malandança que interpreta música medieval con instrumentos orixinais, froito do seu traballo como investigador e constructor no campo da organoloxía medieval europea. Con Malandança publicou o disco Unha noite na corte do Rei Affonso ed. Clave Records e Mya Senhor Velida ed. Brilliant Classics, gravación esta que foi nomeada en 2019 aos prestixiosos premios ICMA na categoría de Música Antiga.
En 2004 transcribiu, coordinou e dirixiu o drama litúrxico medieval Ordo Prophetarum, representado durante anos na noite do 30 de decembro na catedral de Santiago de Compostela. Foi editado en DVD polo Consello da Cultura Galega.
En 2009, xunto con Xurxo Varela, publicou o CD My Singular Entertainment, and Delight ed. Actus, que contén música inglesa para o dúo de violas da gamba do século XVII, con obras de Ch. Simpson, J. Jenkins. e outros autores. De novo con Xurxo Varela publica en 2013 Le Nymphe di Rheno ed ACTUS, un CD dobre coa integral das doce sonatas a dúo de Jean Schenck (1660 ± 1712).
Ademais da sua laboura como intérprete de viola da gamba e director de distintas agrupación musicais adicadas á música antiga desenvolve unha importante actividade docente:
Foi nomeado profesor de viola da gamba no curso Camiño de Santiago, Cánticos, Cantigas e Cantos, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicado a interpretación da música barroca con instrumentos orixináis.
En Decembro de 2014 participou impartindo master classes no 1º Encontro Ibérico de Viola da Gamba, organizado pola ESMAE de Porto (Portugal).
Actualmente é director e profesor do curso Sons dos Camiños, patrocinado polo CENTRAD da Escma. Deputación de Lugo, dedicado á interpretación da música
medieval.
Desenvolve unha importante laboura como investigador e construtor de instrumentos musicais anteriores ao s. XIX, especialmente sobre aqueles hoxe desaparecidos, como os medievais, renacentistas e barrocos. Estos instrumentos son utilizados polo grupo Malandança, por solistas como Manuel Vilas ou Xurxo Varela e poden atoparse no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. É especialmente relevante a participación da súa reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago na interpretación do Ordo Prophetarum.
Foi un dos seis construtores escollidos para participar no proxecto da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria, patrocinado pola Fundación Barrié de la Maza, feito entre os anos 89-92.
Fixo parte, tamén, do equipo de especialistas do “Proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pazo de Xelmirez” emprendido pola Excma. Diputación Provincial de Lugo no periodo 93/94.
Participou en diversos simposios sobre a reconstrucción do instrumentarium medieval. En Febreiro de 2018 impartíu unha Xornada Formativa en Ferreira de Pantón “El universo musical del Medievo a través de sus representaciones románicas en la Ribeira Sacra” durante a que ademáis presentouse a primeira reproducción do “Dolio” un instrumento medieval presente en moitas igrexas do norte peninsular, que non se escoitara desde a Idade Media hasta este momento.
Desenvolve un intenso traballo en cursos, conferencias, exposicións e publicacións (El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento, publicado por Cuadernos de Música en Compostela, Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria, publicado polo Fundación Barrié de la Maza, Instruments à cordes du Moyen Age, CERIMM, Fondation Royaumont, editado por Créaphis, Instruments de Corda Medievais, editado pola Deputación Provincial de Lugo), e no 2022 O Eco das Estrelas editado por Editorial Canela. Ten unha forte actividade en conferencias e exposicións.
Colabora habitualmente con outros grupos dedicados á música antiga, cos que realizou gravacións, concertos e xiras por varios países de Europa, Asia, América e África.




