Caroline Lacombe
Nada en St‑Boniface (Quebec) nunha familia de artesáns e músicos, Caroline especialízase en instrumentos de corda.

Deseña e fabrica mandolinas, baixos acústicos, citterns, bouzoukis irlandeses, etc.
Cada instrumento xorde das súas investigacións acústicas e é construído á medida segundo as necesidades do/a músico/a.
Achegouse á cultura popular galega en 1993 e iniciouse na construción de instrumentos tradicionais (gaita, zanfona) nun cursiño da Deputación de Lugo no 1995-96. Unha vez en Barcelona, seguiu formándose na Escola d’Art i Disseny de Terrassa e continuou o seu traballo de forma autodidacta no seu taller de Barcelona.
Ao longo dos anos, conservou un vínculo continuo cos artesans e a lingua, pasando temporadas en Galicia.
No 2026, establécese en Carballo, mantendo o mesmo tempo o seu taller-showroom en Barcelona, aberto dende o 2019. Ofrece instrumentos a medida, atendendo a clientes a nivel nacional e internacional.
Participa en festivais e encontros tradicionais e folk: Festival de Pardiñas (Guitiriz), Le Son Continu (La Chatre), Boulegan à l’Ostal, Pirenostrum (Boltaña) Salon de la Guitare de Toulouse, e outros eventos europeos.




