Dereitos e obrigas
Dereitos e obrigas das persoas asociadas segundo os Estatutos de LABRA:
Dereitos
- 1. Os/as socios/as teñen os seguintes dereitos:
- Participar nas actividades da asociación.
- Ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos de goberno.
- Participar nas asembleas con voz.
- Participar nas asembleas con voto.
- Recibir información da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
- Acceder á documentación da asociación a través dos órganos de representación.
- Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
- Non poderán exercer o dereito de sufraxio activo e pasivo as persoas asociadas que non estean ao día no pagamento das cotas sociais.
- As/os socias/os de honra e as persoas e entidades colaboradoras terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuran nos apartados b), d), e), f) do artigo 9.1. Non terán dereito a asistir a actividades mercantiles para as que sexa necesario cumprir os requisitos do artigo 7.
Obrigas
Son obrigas das persoas asociadas:
- Cumprir os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
- Pagar as cotas que de conformidade cos estatutos se establezan.
- Desempeñar as obrigas inherentes aos cargos para os que foron elixidas.
- Presentar a documentación necesaria que requira a Asociación para a participación nas actividades que esta organice.
- Presentar ao final do ano natural polo menos 8 recibos bancarios do pago da cota de autónomos ou contrato laboral no caso que corresponda, e a alta na Seguridade Social da actividade que esta Asociación representa.
